23/04/2012

A fonética da princesa Gwenllian


In Sempringham-Un poema de Mererid Hopwood:

To you we come, Gwenllian

 







Vimos a ti, Gwenllian,
traémosche a túa lingua, traemos o lume
do teu corazón ao acougo
deste lugar, onde está a borralla
da túa historia, onde o teu nome
devén de súpeto rexo berro ao longo da súa terra,
onde ti, Gwenllian, fuches
silencio –voltamos ao lugar.

A boneca de trapo da nosa mancada competición.

Ti es o noso doce heroe,
a nosa crianza indefensa, a nosa nai cautiva,
nova na túa antigüidade,

E para ti, Gwenllian,
vimos da túa terra, rapaza inocente,
vimos ás terras chás
hoxe
ao lugar do teu longo sufrimento.

Porque hai unha dor no churimar da
primavera, porque hai un lamento na memoria:
a razón pola que a nai que nunca foi
e a súa semente sangran,
pola que a irmá que foi prisioneira
aínda camiña sen descanso cara ao lugar onde a súa voz agroma
e a súa respiración
no noso eco.

En nós está Gwenllian
Ela é o poema e as notas da canción,
E será lembrada aínda.

Aquí hoxe
Falta clemencia.

11/04/2012

Farewell



Medo da urxencia do tigre en ti,

de que pase un río sen abrir feridas

nas ribeiras

de Lea

cando eu xa che dixen que si

nun mes de novembro. Que si, que me dan medo

os pasos que quedan até a liberdade

avoa,


sen ti.


We took each comrade by the hand
In case we might never meet more
And we drank a health
To old Ireland
And Paddy's green shamrock shore.

24/08/2011

Rock e auga sueca


Para algúns amigos a clepsidra pasa hoxe a encherse de auga sueca. Para acompañalos na aventura, unha tradución de Bruno K. Öijer, poeta do rock de influencia na Suecia dos anos setenta, anarquista.

Anotaches rapidamente
a palabra ‘Inverno’
na folla.

Agora tes algo novo que ofrecerme.

Chámote dende fóra
Ti sobes a música.

Polític@s e outros cadáveres
agárranse ás perchas das que colgan os abrigos
na anteporta da túa casa.

Sostés o mundo
diante da cara
E maquíllaste.

O sangue pégalle á túa boca.


Tradución nosa da versión inglesa do poema 'Seduced again'.

19/08/2011

Poesía mirandesa. Francisco Niebro

Porque nunca fui capaç
de chamar mãe a mie mai?
Porque hai palabras tan anchas
que quando se séntan an nós
yá naide mais cabe ne l scanho?

...

Las palabras scritas
muorden-me ls uolhos
i bou-las arrascando
cula boç
i dá-me la gana
de las comer cumo chouriças
i apuis aguemitá-las
pa las sentir a ressonar acontra las fuolhas
cumo ribeira d’Abril
a bruar apertada antre pardones.

04/08/2011

No límite

E as minorías estarán sempre con nós,
apoucadas, coa lingua atada.
‘Non hai nada aquí’, dixo quen
me levaba alí,
aínda así, nós fomos,
seguindo as pegadas dunha tribo,
buscando o fío que entretece as súas sobrecamas veteadas.

A primeira vista non había ninguén na casa –
unha vella, dobregada,
unha muller feita acento circunflexo -
receosa dos estranxeiros,

só unha tribo nun outeiro
parte dunha nación,
coas unllas cortadas,
pechando fortemente a man
- as crianzas gardaban a distancia-

e logo, de súpeto,
abriuse unha porta-
un pote no medio do chan,
o lume estalando
brazos arrolándose.

Antes de que eu marchase
ela tróuxome unha Biblia en latín,
empecei a ler a historia de Xesús fuxindo cos seus pais.

O noso encontro coa fe condúcenos a un éxodo,
a nosa fe é a d@s refuxiad@s –
suxeit@s á compaixón dun chan de pedras-
Eu deixeina, cun dólar na man
o prezo da súa elocuencia
tornada saliva na lingua d@ intérprete.

Tradución miña do poema 'On The Brink' da galesa Menna Elfyn.